Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Publicada a serie 29 de Notas Técnicas de Prevención

14-04-2014 - INSHT

O INSHT publicou recentemente a primeira da serie 29, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 996 a 1007.

Neste grupo inclúese a NTP número 1000, unha cifra sen dúbida destacable, que se dedicou a reflexionar sobre o futuro da prevención a partir das achegas á xornada que o pasado día 4 de xullo, e con ese mesmo tema, se celebrou no Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona no marco dos actos de conmemoración do cuadraxésimo aniversario da súa inauguración.

Entre outros temas destacables incluídos neste grupo de NTP citaremos as dedicadas ao sector agrario, que tratan respectivamente sobre invernadoiros e fitosanitarios, e as dedicadas á responsabilidade social das empresas, un tema que vai adquirindo cada día maior relevancia.

 

A continuación listamos as NTPs dispoñibles para descarga, facendo click no número:


INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS