Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

O INSHT completa a serie 29 de NTP

17-12-2014 - INSHT

Xa están dispoñibles os números 1020 a 1030 da serie 29 que constitúen a terceira e última entrega da serie. De entre os temas tratados destacan as NTP´s dedicadas aos riscos na operación e mantemento dos aeroxeradores, así como as súas correspondentes medidas preventivas. Os cambios experimentados polas clasificacións internacionais de axentes carcinógenos e a aparición de nova lexislación europea no ámbito dos axentes químicos perigosos, fixeron necesaria a revisión da NTP 465. A nova NTP que a substitúe actualiza os sistemas de clasificación de axentes químicos carcinógenos propostos por sete organismos, tres deles de carácter gobernamental e catro de carácter independente.

Destácase, finalmente, as NTP´s dedicadas ao liderado en prevención, un tema clave para lograr que a actividade preventiva das empresas alcance as cotas de eficacia e eficiencia que son imprescindibles non só para protexer a saúde dos traballadores, senón tamén para lograr a competitividade das empresas.

 

Ligazón

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS