Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

NTP 1145 Fichas Internacionais de Seguridade Química

03-12-2020 - INSST

O INSST pon a disposición una nova NTP sobre Fichas Internacionais de Seguridade Química, versión en castelán das Internacional Chemical Safety Cards, para presentar o novo formato desta colección, que conta con máis de 1700 fichas de substancias químicas que recollen información concisa e contrastada acerca de aspectos básicos de seguridade e saúde no traballo.

As Fichas Internacionais de Seguridade Química (FISQ) son documentos que recompilan información básica sobre seguridade e saúde relacionada co uso de substancias químicas perigosas.

As fichas foron concibidas e deseñadas para ser unha ferramenta informativa para a súa consulta en calquera contorna laboral. Con ocasión da renovación do formato da colección, preséntase o novo deseño facendo un percorrido polo contido dos diferentes apartados que compoñen as FISQ, co obxectivo de facilitar a interpretación e o uso dunha das publicacións máis consultadas na páxina web do INSST.

Ligazón á NTP 1145 Fichas Internacionais de Seguridade Química

Ligazón á COLECCIÓN FISQ -FICHAS INTERNACIONAIS DE SEGURIDADE QUÍMICA-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS