Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía Técnica do RD 614/2001 para a avaliación e prevención do risco eléctrico. Nova edición de 2014

10-12-2014 - INSHT

O Real Decreto 614/2001, de 8 de xuño, regula as condicións de traballo que se deben cumprir para a protección da traballadores fronte ao risco eléctrico nos lugares de traballo. Na súa disposición final primeira encoméndase ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo a elaboración e actualización dunha guía técnica para facilitar a aplicación do real decreto.

Conforme ao establecido nesta disposición, o INSHT elaborou e publicou en 2003 a Guía Técnica para a avaliación e prevención do risco eléctrico, que agora se considerou necesario revisar, ampliando e actualizando o seu contido, para recoller a experiencia obtida durante os seus anos de vixencia e que, ao incidir nos puntos máis importantes do real decreto e dos problemas da súa aplicación, poida contribuír a mellorala.

 

Ligazón á Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa protección fronte ao risco eléctrico

Fonte: INSHT

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS