Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía Técnica do R.D. 374/2001 de Axentes Químicos (edición revisada)

04-11-2013 - INSHT

A Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados con axentes químicos, proporciona criterios e recomendacións para facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do citado Real Decreto.

O Real Decreto 374/2001 do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo, encomenda de xeito específico, na súa disposición final primeira, ao Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, a elaboración e o mantemento actualizado dunha Guía Técnica de carácter non vinculante, para a avaliación e prevención dos riscos relacionados cos axentes químicos presentes nos lugares de traballo.

A devandita Guía, publicada en 2006, proporciona criterios e recomendacións para facilitar aos empresarios e aos responsables de prevención a interpretación e aplicación do citado Real Decreto.

No período de tempo transcorrido dende a aparición da primeira edición producíronse novidades que afectan á avaliación e prevención do risco químico, como as modificacións da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e do Real Decreto 39/1997 polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, destacando especialmente a referida a protección da maternidade, co Real Decreto 298/2009.

Tamén a aparición de novas instrucións de almacenamento de axentes químicos perigosos, e do Real Decreto 681/2003 de protección contra atmósferas explosivas, ou a aparición dos Regulamentos (REACH) e (CLP). Por outra parte neste tempo aumentou a utilización por parte dos técnicos de prevención e polo tanto a importancia de diferentes modelos cualitativos ou simplificados de avaliación.

 

Acceso á Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados con axentes químicos.

 

Fonte INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS