Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía Técnica de Simplificación Documental

13-04-2012 - INSHT

O artigo 2.4 do Regulamento dos Servizos de Prevención, establece que as empresas de até 50 traballadores que non desenvolvan actividades do anexo I poden plasmar nun único documento, de extensión reducida e fácil comprensión, o plan de prevención, a avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva, mandatando ao INSHT a dispor dunha guía, de carácter non vinculante, que facilite a elaboración do devandito documento.

Para cumprir co este obxectivo de "racionalizar a documentación" e, con iso, a mellora da eficiencia da actividade preventiva, nesta Guía preséntase un modelo de plan de prevención o máis sintético posible; un conxunto de criterios dirixidos a sistematizar a avaliación dos riscos e, en relación coa planificación, un modelo de rexistro que facilita ao empresario a información sobre que debe facerse, cando e quen debe facelo, para que sexa capaz de xestionar a prevención coa maior eficacia posible.

Ligazón á Guía Técnica de Simplificación Documental

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS