Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Actualización da Guía técnica para a avaliación e prevención do risco eléctrico

19-10-2020 - INSST

O INSST pon a disposición esta guía, actualizada en xullo de 2020, que proporciona criterios e información técnica para a avaliación e prevención do risco eléctrico derivado das instalacións eléctricas dos lugares de traballo e dos traballos que se realicen nelas ou nas súas proximidades.

O  RD 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico, encomenda de maneira específica, na súa disposición final primeira, ao Instituto a elaboración e o mantemento actualizado dunha guía técnica para a avaliación e prevención do risco eléctrico en traballos que se realicen nas instalacións eléctricas dos lugares de traballo ou na proximidade das mesmas.

En cumprimento do anteriormente exposto elaborouse a presente guía, na cal se recollen criterios e recomendacións que poden facilitar aos empresarios, responsables de prevención e traballadores a aplicación do citado Real Decreto.

Ligazón á Guía técnica para a avaliación e prevención do risco eléctrico

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS