Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía técnica de boas prácticas para a avaliación e xestión de riscos ergonómicos e psicosociais no sector hostaleiro

30-04-2019 - Goberno de Canarias

Esta Guía ten o obxectivo de poñer a disposición dos técnicos/as de prevención de riscos laborais e responsables de servizos de prevención, información específica do sector hostaleiro sobre prevención de riscos ergonómicos e psicosociais, co obxecto de poder proporcionar recomendacións para a mellora das condicións de seguridade e saúde nas empresas, que redunden no benestar dos traballadores e as traballadoras.

A presente Guía configúrase como un documento dispositivo de natureza non normativa e carácter non esixible, no ben entendido que pode empregarse de forma voluntaria polas empresas para integrar a súa actividade preventiva naqueles aspectos que consideren.

Nela perséguese realizar unha descrición xeral do sector hostaleiro en relación aos riscos ergonómicos e psicosociais para poder valorar axeitadamente as condicións de traballo, así como achegar recomendacións de metodoloxías de avaliación apropiadas.

Co obxecto de facilitar o acceso a esta información caracterizáronse os diferentes postos de traballo do sector relacionando as tarefas que desenvolven, as condicións de traballo e as demandas do posto que poidan provocar riscos ergonómicos e psicosociais.

En definitiva, esta Guía pretende que os responsables de prevención de riscos laborais dispoñan dunha ferramenta práctica e de fácil acceso que permita a toma de decisións adecuadas na elección das metodoloxías de avaliación e a correcta xestión dos riscos.

Achégase o texto completo da Guía.

Goberno de Canarias

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS