Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía práctica de seguridade vial laboral

10-01-2017 - OSALAN

Os accidentes de tráfico supoñen máis dun 11% do total. Ademais, a súa incidencia aumenta de forma proporcional á gravidade do accidente, ata chegar a supoñer case un 30% dos accidentes laborais con resultado de morte, segundo datos do último informe do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Este documento elaborado por OSALAN (Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laboral) ten como obxectivo promover e consolidar a cultura da seguridade laboral viaria en todas as ocupacións profesionais e sectores de actividade da empresa.

A guía está estruturada nos seguintes apartados:
- Introdución ao marco xurídico que regula a seguridade laboral viaria.
- Elementos e fases que compoñen o Plan de Seguridade Laboral Viaria.
- Principais factores de risco a considerar para o seu deseño e execución.
- Anexos nos que se desenvolven ferramentas útiles para a xestión da Seguridade Laboral Viaria.

Ligazón á Guía práctica de seguridade vial laboral

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS