Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía para a xestión preventiva das instalacións dos lugares de traballo

16-01-2020 - INSST

O documento “Guía para a xestión preventiva das instalacións dos lugares de traballo” selecciona once instalacións de servizo ou protección de entre todas as posibles, como as de uso máis estendido nun lugar de traballo xa sexa a súa actividade industrial ou non.

Para cada unha das instalacións seleccionadas, o documento resume e simplifica as súas distintas fases polas que pasan desde que se deseñan ata que se poñen fóra de uso ou se desmantelan, segundo os requisitos establecidos na normativa de seguridade industrial. Ademais na guía indícanse os diferentes aspectos que un técnico de prevención pode controlar para asegurar que se cumpren os aspectos normativos máis relevantes relacionados coa posta en funcionamento, a conservación e o bo uso da instalación e, por tanto,  coa seguridade dos traballadores afectados pola presenza das mesmas nos lugares de traballo.

Para cada instalación inclúese un  diagrama de fluxo final que resume o contido dos requisitos legais que lle aplican de forma  esquemática e visual.

Ligazón aos documentos:

Instalacións de almacenamento de produtos químicos (líquidos inflamables e combustibles en recipientes fixos; gases en recipientes a presión móbiles; recipientes móbiles).

Centros de transformación eléctrica.

Instalacións de gases combustibles (instalacións receptoras de combustibles  gaseosos; aparellos de gas).

Instalacións de protección contra incendios.

Liñas aéreas de alta tensión.

Instalacións petrolíferas (instalacións de almacenamento de carburantes e  combustibles líquidos para uso propio nas instalacións; instalacións para subministración de carburantes e combustibles líquidos a vehículos).

Instalacións frigoríficas.

Instalacións de baixa tensión.

Instalacións térmicas.

Ascensores.

Equipos a presión (instalacións con equipos a presión; caldeiras).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS