Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía do novo regulamento de almacenamento de produtos químicos e as súas instrucións técnicas complementarias

02-07-2018 - MINISTERIO DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E COMPETITIVIDADE

A Guía exponse como un documento de recompilación de consultas e respostas para a correcta interpretación do novo RAPQ, facilitando suxestións concretas naqueles casos nos que o texto regulamentario pode conducir a interpretacións diversas, e para o establecemento de aclaracións a conceptos de carácter xeral.

Con data 25 de outubro de 2017, entrou en vigor o Real Decreto 656/2017, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Almacenamento de Produtos Químicos (RAPQ) e as súas Instrucións Técnicas Complementarias  MIE  APQ 0 a 10.

A finalidade deste novo Regulamento é o incremento da seguridade das instalacións de almacenamento de produtos químicos perigosos, co obxectivo prioritario de evitar danos a persoas, bens e medio ambiente, sen menoscabar en ningún caso o impacto económico que puidese levar a implementación dos requisitos de seguridade necesarios.

O novo RAPQ ten un extenso desenvolvemento técnico. Presenta un total de 11 Instrucións Técnicas Complementarias, e introduce importantes variacións con respecto ao anteriormente vixente, especialmente no referido ao almacenamento de produtos químicos perigosos en recipientes móbiles, que queda regulado por unha  ITC específica, a  MIE  APQ-10.

A Guía exponse como un documento de recompilación de consultas e respostas para a correcta interpretación do novo RAPQ, facilitando suxestións concretas naqueles casos nos que o texto regulamentario pode conducir a interpretacións diversas, e para o establecemento de aclaracións a conceptos de carácter xeral. Ao mesmo tempo incorpora numerosos exemplos prácticos de aplicación, árbores de decisión, esquemas lóxicos,  diagramas, imaxes e fotografías.

A Guía pretende ser unha ferramenta viva, coa posibilidade de incorporar novas respostas a todas as cuestións que vaian xurdindo na medida na que se avance na aplicación do Regulamento. Por este motivo, o presente documento correspóndese cunha primeira versión da Guía técnica, a cal estará en permanente actualización, polo que se irán xerando novas versións da mesma.

Ligazón ao texto completo da Guía

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS