Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía do fabricante sobre cómo declarar a emisión do ruido no manual de instrucións e outra documentación comercial de acordo coa Directiva de Máquinas 2006/42/CE e a Directiva de Emisións Sonoras de Máquinas de uso ao aire libre 2000/14/EC

10-10-2017 - INSHT

Hai que ter en conta que a exposición prolongada ao ruído procedente da maquinaria, é a principal causa laboral de perda de audición. Esta exposición tamén pode contribuír a incrementar o número de accidentes de traballo, así como producir alteracións fisiológicas e psicolóxicas entre o persoal exposto.

Esta Guía pretende axudar ao fabricante a cumprir coas responsabilidades legais relativas a informar sobre o ruído xerado polas súas máquinas no manual de instrucións. Pretende describir como declarar o ruído de emisión de acordo cos requisitos da directiva de Máquinas (DM). Ademais, a guía de aplicación da DM inclúe nos requisitos xerais, os requisitos relativos ao risco derivado do ruído, estando dispoñible para todas as partes interesadas.

A guía tamén inclúe os requisitos establecidos pola Directiva 2000/14/CE sobre emisións sonoras na contorna debidas ás máquinas de uso ao aire libre, tamén denominada Directiva de Ruído ao aire libre (DRAL), e por tanto pode utilizarse cando se apliquen os requisitos de ambas as directivas, a DM e a DRAL.

Acceso á "Guía do fabricante sobre cómo declarar a emisión do ruido no manual de instrucións e outra documentación comercial de acordo coa Directiva de Máquinas 2006/42/CE e a Directiva de Emisións Sonoras de Máquinas de uso ao aire libre 2000/14/EC"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS