Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro

30-01-2017 - Grupo CANO

Os Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi, levan varios anos colaborando nun proxecto destinado ao sector da pesca. O traballo materializouse a través de catro fases: a primeira, dirixida ás frotas de baixura e artesanal, foi publicada no outono de 2011; a segunda, sobre as actividades de marisqueo a pé, extracción de recursos específicos e as actividades auxiliares á pesca, publicouse no outono de 2012; a terceira, sobre as artes de altura e gran altura, en 2013 e a cuarta, adicada á vixilancia da saúde no sector, en novembro do 2016.

Esta última publicación, que reúne ás tres anteriores, recolle entre os seus contidos as probas e exploracións médicas concretas que permiten coñecer se as condicións de traballo afectan ao estado de saúde, facilitando ao persoal sanitario a identificación de forma precoz de posibles danos, recomendando as medidas preventivas máis axeitadas.

 

Todas as publicacións están dispoñibles no sitio www.grupo-cano.com  e través das seguintes ligazóns:

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 1 (traballos nas flotas de baixura ou litoral e artesanal incluíndo o marisqueo a flote).

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 2 (marisqueo a pe, extracción de recursos específicos e as actividades auxiliares á pesca).

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 3 (artes de altura e gran altura)

Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 4. Versión breve, versión completa

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS