Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía de recomendacións para a vixilancia específica da saúde de traballadores expostos a factores de risco psicosocial

08-04-2014 - PSICOSOCIAL

A Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo (AEEMT) publicou na súa páxina web a Guía de Recomendacións para a vixilancia específica da saúde dos traballadores expostos a factores de risco psicosocial.

O obxectivo desta guía é establecer boas prácticas para a vixilancia da saúde dos traballadores, para a detección precoz do dano producido por eses factores, como instrumento para previr os riscos psicosociais no traballo e mellorar a sensibilización das empresas, e como consecuencia, a posta en marcha de todas aquelas medidas necesarias para a súa prevención.

Así como poñer a disposición dos profesionais sanitarios un instrumento sinxelo e aplicable, e baseado na evidencia científica que sirva de orientación sobre relación causa-efecto entre o dano detectado e a orixe laboral ou non deste.

Acceso á "Guía de Recomendacións para a vixilancia específica da saúde dos traballadores expostos a factores de risco psicosocial".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS