Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía de boas prácticas sobre os riscos laborais durante o embarazo e a lactación no sector agrario

26-02-2019 - ISSGA

O ISSGA presenta a Guía de boas prácticas “Prevención de riscos laborais durante o embarazo e a lactación no sector agrario” coa finalidade de proporcionar unha ferramenta para mellorar as condicións de traballo exclusivamente da muller grávida, que deu a luz recentemente ou en período de lactación, para que realicen as súas tarefas de xeito seguro e saudable.

Nesta guía, ademais de analizar as perspectivas do sector, se describen as características da muller en situación de embarazo, posparto e lactación indicando una serie de boas prácticas para evitar os riscos derivados delas; tamén se expoñen os efectos sobre a saúde no embarazo e a lactación e se destacan 12 consellos útiles directamente vencellados á realización das súas tarefas habituais así como aspectos xerais que deben ter en conta.

O sector agrario desempeña un papel estratéxico en Galiza polo seu peso económico e social, que nas últimas décadas sufriu unha profunda transformación, debido á profesionalización e á especialización do sector, ademais da diminución do número de explotacións e do aumento das súas dimensións; ten unha serie de características e peculiaridades propias que convén ter en conta á hora de deseñar unha correcta política preventiva neste ámbito laboral.

Ligazón á Guía “Prevención de riscos laborais durante o embarazo e a lactación no sector agrario”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS