Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía de avaliación cualitativa de riscos hixiénicos en operacións básicas de soldadura

16-05-2019 - FOMENT DO TREBALL

Guía na que se describen, mediante fichas, os elementos necesarios para a avaliación cualitativa do risco hixiénico nos nove principais tipo de soldadura, EPIs, aspectos toxicolóxicos dos contaminantes máis frecuentes e protocolos e recomendacións para a vixilancia da saúde.

Esta Guía, elaborada por Foment do Treball está dividida en catro partes e cada unha delas se divide en fichas dedicadas a un tema concreto.

A primeira parte recolle os elementos necesarios para a avaliación cualitativa do risco hixiénico nos nove principais tipo de soldadura, dando para cada un deles unha información detallada que permite realizar a avaliación cualitativa de risco a partir de vos datos do proceso.

A segunda describe os riscos hixiénicos e o seu control mediante EPI. Tamén  explica o control dos fumes e vapores de soldadura mediante EPI que se deben utilizar cando o control mediante ventilación ou extracción localizada descrito nas fichas precedentes non foi posible.

A terceira parte describe os aspectos toxicolóxicos dos contaminantes máis frecuentes.

E a cuarta parte describe a protocolos e recomendacións para a vixilancia da saúde.

Ligazón á Guía de avaliación cualitativa de riscos hixiénicos en operacións básicas de soldadura

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS