Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía actualizada sobre etiquetado e envasado de produtos químicos

17-04-2019 - ECHA

Este documento, publicado por ECHA. describe disposicións específicas para a etiquetaxe e envasado de produtos químicos e mesturas dos títulos III e IV do Regulamento (CE) nº 1272/2008 (O Regulamento CLP ou “ CLP”).

O obxectivo deste documento é asistir aos fabricantes, importadores, usuarios intermedios e distribuidores de substancias e mesturas na Aplicación do Regulamento CLP. Esta guía inclúe emendas relevantes das adaptacións ao Progreso técnico (ATP) 2, 4, 5 e 8 do Regulamento CLP, así como os cambios introducidos pola ATP ao Regulamento CLP en relación coa etiquetaxe e embalaxe de deterxentes en envases solubles para un só uso (Regulamento (UE) nº 1297/2014).

Este documento tamén inclúe os cambios relevantes introducidos polo Regulamento da Comisión (UE)2017/542, que modifica o Regulamento CLP engadindo o Anexo VIII sobre normas harmonizadas sobre a información relativa á resposta sanitaria de emerxencia.

Ligazón á "Guía actualizada sobre etiquetado e envasado de produtos químicos", só dispoñible por agora en inglés.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS