Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Fichas guía de control sobre sílice

20-11-2012 - HSE-UK

Na web de La Organización Internacional del Trabajo (OIT) poden encontrarse as guías de control sobre a sílice, traducións das follas informativas publicadas pola Health and Safety Executive (HSE) en Gran Bretaña. As traducións foron realizadas nos Estados Unidos polo Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH) e, segundo a información da páxina web da OIT, están actualizadas a marzo de 2009.

Para axudar aos empregadores a reducir a exposición á sílice cristalina respirable no lugar de traballo, o HSE_UK e máis concretamente o COSHH (Control of Substances Hazardous to Health Regulations) elaborou unha serie de guías informativas específicas nas cales se abordan as tarefas e os procesos nos cales se adoita xerar esta substancia química.

O HSE identificou oito sectores industriais diferentes nos que con frecuencia se produce a exposición á sílice cristalina respirable.

Estas guías temáticas, con consellos específicos, examinan tarefas laborais que se realizan nestas oito industrias e describen as seguintes áreas onde se pode reducir a exposición dos traballadores.

 

As guías poden ser consultadas a través do seguinte enlace:

http://www.ilo.org/legacy/spanish/protection/safework/coshh_essentials_silica/index.htm

 

Consulte máis información no sitio web oficial de COSHH Essentials (en inglés).

 

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS