Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Fichas de Control de Axentes Químicos

15-01-2019 - INSST

O INSST traduciu ao español as fichas de consellos básicos desenvoltas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials. As fichas do programa COSHH Essentials ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a substancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións cuxo obxectivo é reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a substancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores/as.

Os catro grupos de fichas xenéricas están codificadas segundo o nivel de control resultante ao aplicar a ferramenta The technical basis for COSHH essentials: Easy steps to control chemicals".

As fichas da serie 100 comprenden consellos de ventilación xeral; as da serie 200, as medidas técnicas de extracción localizada; as da serie 300, as medidas de contención e as da serie 400 “especial” significan que se precisa o consello dun experto posto que a situación de traballo que se está analizando precisa de recomendacións máis específicas e especializadas.

Así mesmo, inclúense outras fichas na serie codificada S (do inglés skin) que conteñen consellos para reducir a exposición a substancias que poden causar dano por contacto coa pel e cos ollos a niveis aceptables.

Amplíase a colección coas fichas correspondentes á serie 300 “Medidas de contención”.

 

Fichas xenéricas:

Serie 100: Ventilación xeral

FCAQ 100 Ventilación xeral

FCAQ 101 Almacenamento xeral

FCAQ 102 Almacenamento aberto de produtos a granel

FCAQ 103 Eliminación de residuos da unidade de extracción de po

 

Serie 200: Control técnico

FCAQ 200 Ventilación por extracción localizada

FCAQ 201 Campá extractora

FCAQ 202 Cabina de fluxo laminar

FCAQ 203 Banco de traballo con extracción localizada

FCAQ 204 Eliminación de residuos dunha unidade de extracción de po

FCAQ 205 Cinta transportadora

FCAQ 206 Enchido de sacos

FCAQ 207 Enchido de sacos "Big-bag"

FCAQ 208 Baleirado de sacos

FCAQ 209 Enchido de barrís

FCAQ 210 Carga de reactores ou mesturadoras con sacos o barrís

FCAQ 211 Enchido e baleirado de graneleros IBC (International bulk carrier)

FCAQ 212 Enchido de bidóns

FCAQ 213 Baleirado de bidóns por bombeo

FCAQ 214 Pesada de sólidos

FCAQ 215 Mestura de sólidos con outros materiais sólidos ou líquidos

FCAQ 216 Mestura de sólidos

FCAQ 217 Mestura de líquidos con outros materiais líquidos ou sólidos

FCAQ 218 Tamizado

FCAQ 219 Cribado

FCAQ 220 Pintado con pistola (pequena escala)

FCAQ 221 Pintado con pistola (mediana escala)

FCAQ 222 Recubrimiento en po

FCAQ 223 Laminación de plástico reforzado

FCAQ 224 Laminación en continuo

FCAQ 225 Baño de decapado (escala media)

FCAQ 226 Baño de decapado (gran escala)

FCAQ 227 Cuba de desengrase por vapor

FCAQ 228 Forno de secado con bandexas

FCAQ 229 Forno de túnel de secado en continuo

FCAQ 230 Peletización/Granulación

FCAQ 231 Prensa para comprimidos  

 

Serie 300: Contención

FCAQ G300 Contención

FCAQ G301 Cabina de luvas

FCAQ G302 Eliminación de residuos dun sistema de extracción de po

FCAQ G303 Transferencia de sólidos

FCAQ G304 Baleirado de sacos

FCAQ G305 Enchido de bidóns

FCAQ G306 Baleirado de bidóns

FCAQ G307 Enchido e baleirado de graneleros IBC (Sólidos)

FCAQ G308 Enchido e baleirado de graneleros IBC (Líquidos)

FCAQ G309 Enchido e baleirado de cisternas (Sólidos)

FCAQ G310 Enchido e baleirado de cisternas (Líquidos)

FCAQ G311 Enchido de barrís

FCAQ G312 Transferencia de líquidos por bombeo

FCAQ G313 Enchido de paquetes

FCAQ G314 Enchido de botellas

FCAQ G315 Pesada (sólidos)

FCAQ G316 Pesada (líquidos)

FCAQ G317 Mesturado (sólidos)

FCAQ G318 Mesturado (líquidos)

FCAQ G319 Cabina de pintura robotizada

FCAQ G320 Recubrimiento automático con po

FCAQ G321 Baño de desengrase con vapor

FCAQ G322 Secado por pulverización

 

Serie 400: Especial

Serie S: Substancias químicas que causan dano por contacto coa pel ou cos ollos

FCAQ S100 Recomendacións xerais

FCAQ S101 Selección de luvas de protección

FCAQ S102 Selección de equipos de protección individual (EPI)

FCAQ S200 Contacto coa pel e os ollos 

 

Máis información "Portal de risco químico"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS