Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Estudos sobre exposición a axentes canceríxenos en industrias de agricultura e gandeiría, construción e industrias transformadoras

18-05-2016 - Safe Work Australia

Safe Work Australia ven de presentar tres estudios sobre a exposición a axentes canceríxenos nos sectores agrícola e gandeiro, na construción e nas industrias transformadoras. Os estudos realizáronse a partir da información proporcionada por una mostra representativa de traballadores/as e considerando 38 agentes canceríxenos seleccionados previamente (todos eles clasificados pola IARC dentro dos grupos 1,canceríxeno en humanos, ou 2A, probablemente canceríxeno en humanos) e se identificaron as exposicións aos mesmos de forma indirecta: a partir de tarefas que os/as traballadores afirmaron realizar.

No caso do Estudo de exposición a axentes canceríxenos nos secores agrícola e gandeiro, a maioría dos traballadores/as do sector consultados no estudo (o 99%) consideran que  teñen unha exposición probable polo menos a un axente canceríxeno; os datos amosan que os axentes canceríxenos máis comúns aos que os traballadores/as están expostos son os raios ultravioleta da radiación solar (99%), os escapes dos motores diésel (94%),benceno (82 por cento) , hidrocarburos aromáticos policíclicos (76 por cento) e po de madeira (71 por cento). As principais circunstancias ou tarefas asociadas coa exposición son o traballo no exterior, a utilización de equipos diésel, reparación de motores e outros equipos agrícolas e corte de madeira.

No Estudo de exposición a axentes canceríxenos no sector da construción, a maioría de traballadores/as do sector (96 por cento) estimaron unha  exposición probable a polo menos un axente canceríxeno e pouco máis de metade (53 por cento) estimaron unha exposición probable a polo menos catro canceríxenos.Os axentes canceríxenos máis comúns aos que os traballadores/as manifestaron estar expostos foron os raios ultravioleta da radiación solar (86 %), fume de tabaco ambiental (59 %), sílice cristalina (38 %), fumes de escape do motor diésel (37 %), po de madeira  (36 por cento) e chumbo (24 %). As circunstancias de exposición incluíron traballo ao aire libre (radiación UV solar), traballo preto de alguén que está fumando (fume ambiental do tabaco), e traballar preto de motores diésel en funcionamento. As principais tarefas asociadas coa probable exposición incluíron traballar con madeira, con vehículos de recarga de formigón ou cemento, preparación pintura, e soldados.

En Estudo de exposición a axentes canceríxenos na industria transformadora, aproximadamente dous terzos (67 %) dos traballadores/as estimaron que están probablemente expostos polo menos a un axente canceríxeno. De éstos, os que os traballadores/as manifestaron como máis comúns foron fumes de escape de motor diésel  (20 %), o cromo VI (19 %) , fume de de tabaco (17 %), níquel (16 %), raios ultravioleta de radiación solar (15 %) e po de madeira (14 %). As principais circunstancias ou tarefas asociadas coa probable exposición incluíron soldadura, traballo en zonas onde hai xente fumando, traballos en áreas onde os motores diésel están funcionando e traballos ao aire libre.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS