Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Estudo sobre os manuais de instrucións das máquinas

11-04-2013 - INSHT

O INSHT participou, por medio do Centro Nacional de Verificación de Maquinaria de Baracaldo, na elaboración do Estudo sobre os manuais de instrucións das máquinas en relación aos requisitos de ruído esixidos na Directiva de Máquinas (89/392/CEE e 2006/42/CEE).

Este informe enmárcase dentro dos traballos que realiza o Comité Directivo do Proxecto europeo NOMAD que levou a cabo un estudo sobre o cumprimento dos manuais de instrucións das máquinas con respecto ao ruído, poñendo de manifesto que máis do 80% dos manuais europeos analizados non cumpren cos requisitos de ruído que se lles esixe, de entre unha mostra de 1500 manuais de instrucións que implicaban unhas 40 familias de máquinas procedentes de 800 fabricantes diferentes.

Acceso ao Estudo sobre manuais de instrucións de máquinas

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS