Financiado por:
/ Recursos Técnicos

ECHA Guía sobre Fichas de Datos de Seguridade e Escenarios de Exposición

18-09-2018 - ECHA

A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) acaba de publicar esta Guía sobre as Fichas de Datos de Seguridade e os Escenarios de Exposición, un aspecto de interese tanto para os fabricantes de substancias químicas como para os usuarios das mesmas.

As fichas de datos de seguridade están concibidas para facilitar aos usuarios de substancias químicas a información necesaria para axudarlles a protexer a saúde das persoas e o medio ambiente.

Os usuarios de substancias químicas son empresas ou persoas dentro da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo que utilizan unha substancia, como tal ou en forma de mestura, nas súas actividades industriais ou profesionais.

As fichas de datos de seguridade están destinadas tanto aos traballadores que manipulan substancias químicas como aos responsables da seguridade. O formato da ficha de datos de seguridade defínese no Regulamento REACH. Divídese en 16 seccións, cada unha das cales se describe na seguinte parte da presente Guía.

Achegamos o texto completo da Guía.

Guía sobre as Fichas de Datos de Seguridade e os Escenarios de Exposición

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS