Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Directrices básicas para a integración da prevención de riscos laborais nas obras de construcción

04-12-2014 - INSHT

No ano 2008 o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) publicou a denominada "Guía técnica para a integración da prevención de riscos laborais no sistema xeral de xestión da empresa". O contido da citada guía é plenamente aplicable ás obras de construción, salvo o seu apartado 4.6.3 adicado á integración na contratación de obras ou servizos, tal e como sinala o propio documento.

Doutra banda, a Guía técnica elaborada polo INSHT sobre obras de construción, que foi actualizada no ano 2012, pódese considerar o documento de referencia en relación cos criterios aplicables á xestión da prevención dos riscos laborais neste ámbito.

Sobre a base de todo o anterior, o INSHT redactou o presente documento cuxos obxectivos esenciais poden sintetizarse en:

    - Complementar as guías técnicas antes nomeadas cunhas orientacións relativas á integración da prevención de riscos laborais no proceso construtivo.

   -  Facilitar a identificación das actuacións e obrigas así como da secuencia de pasos a seguir para xestionar a seguridade e saúde no devandito proceso construtivo, desde o seu inicio até a súa finalización.

Ligazóns

"Directrices básicas para a integración da prevención de riscos laborais nas obras de construción"

“Guía técnica para la integración de la prevención de riesgos laborales".

“Para a avaliación e prevención dos riscos relativoa ás obras de construcción”,

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS