Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Diagnóstico de situación do sector agrario

18-01-2017 - INSHT

Estudo elaborado polo INSHT das condicións de traballo no sector agrario para partir da análise da sinistralidade. O sector agrario está a representar un dos sectores con maiores índices de sinistralidade, situándose o índice de incidencia dos accidentes de traballo con baixa a niveis similares ao sector industria desde o ano 2013.

Este traballo quere profundar no coñecemento do sector, no que se inclúen actividades moi diversas que teñen que ver coa agricultura, a gandería e os traballos forestais, nas que están presentes unha gran variedade de riscos. Para tal fin empregaron fontes oficiais como a Enquisa de Poboación Activa,  Partes Oficiais de Accidente de Traballo con Baixa e de Comunicación de Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, así como documentos específicos do sector como os elaborados polo grupo de traballo do sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Ligazón Diagnóstico de situación do sector agrario

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS