Financiado por:
/ Recursos Técnicos

DATABiO, fichas de axentes biolóxicos

17-09-2014 - INSHT

DATABiO é unha colección de fichas dos axentes biolóxicos elaboradas polo INSHT. Constitúe unha ferramenta de grande utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico.

Cada ficha contén información do axente biolóxico en relación con:

 

1.- Nome, sinónimos, tipo e características principais do axente biolóxico, ciclo de vida.

2.-Viabilidade, mecanismos de propagación e transmisión: este apartado recolle as características do axente biolóxico en relación coa súa capacidade de sobrevivir, dispersarse no ambiente de traballo e entrar en contacto co traballador como: reservorios, hospedadores, supervivencia ambiental, vías de entrada, distribución xeográfica e as actividades laborais nas que pode estar presente.

3.-Efectos na saúde: este apartado recolle todos os posibles efectos daniños do axente biolóxico en relación coa saúde humana como: infección, toxicidade, efectos alérxicos, efectos canceríxenos, efectos na maternidade (embarazo, parto recente e lactación).

4.-Medidas de prevención e control: este apartado recolle as principais medidas de prevención e control fronte ao risco do axente. Incluíndo tanto as medidas xerais, coma as medidas específicas aplicables aos laboratorios ou ás actividades con manipulación intencionada do axente biolóxico (nivel de contención).

A información recollida en DATABiO supón unha ampliación e actualización continua do listado de axentes biolóxicos do anexo II do RD 664/1997

DATABiO

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS