Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Criterios de avaliación da estimación da exposición a produtos fitosanitarios dos operarios, traballadores, residentes e transeúntes

02-01-2018 - Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

Documento elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en colaboración co Centro Nacional de Medios de Protección do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo co fin estabelecer os criterios a seguir pola Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación na avaliación da exposición a PPFF de operarios, traballadores, transeúntes e residentes; estos criterios terán carácter adicional á Guía EFSA, 2014. O documento será de aplicación a substancias activas, protectores e sinergistas e, no seu caso, a coformulantes, contidos nos PPFF, tal e como aparecen definidos no artigo 2 do Regulamento (CE) 1107/2009.

Adicionalmente, neste documento inclúense  escenarios de exposición non cubertos pola Guía  EFSA 2014, como usos non profesionais, tratamentos de  sementes ou invernadoiro, entre outros.

Contidos:

Antecedentes e definicións

Valores por defecto propostos para a avaliación

Métodos de cálculo en productos destinados a uso profesional e non profesional

Avaliación de productos con máis dun compoñente activo

Medidas de mitigación do risco

Estudos de campo

Referencias, abreviaturas e acrónimos

Ligazón ao documento Criterios de avaliación da estimación da exposición a productos fitosanitarios dos operarios, traballadores, residentes e transeúntes

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS