Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Compilación dos instrumentos sobre o traballo marítimo

22-12-2015 - OIT

O 15 de decembro de 2015 publicouse a segunda edición da compilación dos instrumentos sobre o traballo marítimo, que inclúe as emendas de 2014 ao Convenio, o Convenio sobre os documentos de identidade da xente de mar, o Convenio e a Recomendación sobre o traballo na pesca, 2007, os convenios fundamentais da OIT e a Declaración da OIT relativa aos principios e dereitos fundamentais no traballo e o seu seguimento.

O Convenio sobre o traballo marítimo, 2006, é un instrumento internacional que foi adoptado pola Conferencia Internacional do Traballo. Esta «carta de dereitos» para a xente de mar, consagra o seu dereito a condicións de traballo decentes e contribúe a crear condicións para unha competencia leal entre os armadores.

O obxectivo do Convenio foi o de ser un instrumento aplicable a escala mundial que se converteu no «cuarto alicerce» do réxime normativo internacional garante dun sector marítimo de calidade, completando os principais convenios internacionais da Organización Marítima Internacional (OMI).

Esta Compilación inclúe o Convenio sobre os documentos de identidade da xente de mar (revisado), 2003 (núm. 185), o Convenio (núm. 188) e a Recomendación (núm. 199) sobre o traballo na pesca, 2007, os convenios fundamentais da OIT e a Declaración da OIT relativa aos principios e dereitos fundamentais no traballo e o seu seguimento. Nesta edición tamén están incluídas as emendas de 2014 ao Convenio.

Ligazón á Compilación dos instrumentos sobre o traballo marítima.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS