Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Como xestionar a seguridade da frota gris:breve guía para empresas cuxo persoal utiliza o seu propio coche para o traballo

23-10-2017 - European Transport Safety Council - ETSC

Unha parte importante dos traxectos relacionados co traballo realízanse en vehículos que non son propiedade da empresa. Estos vehículos que poden ser propiedade do traballador ou vehículos alugados para o uso laboral, constitúen a denominada "frota gris". Esta guía preséntase no marco do proxecto PRAISE (Prevención de accidentes e lesións de tráfico e mellora da seguridade dos traballadores) desenvolvido polo ETSC no que se abordan os aspectos sobre seguridade relacionados coa condución durante a xornada laboral e nos traxectos ao traballo. Ten por obxectivo fomentar as mellores prácticas en empresas para garantir uns elevados estándares de seguridade viaria para os seus empregados. O proxecto está coordinado pola Secretaría do ETSC, co apoio da Fundación MAPFRE, o Consello Alemán para a Seguridade Viaria (DVR), o Instituto Belga para a Seguridade Viaria (IBSR-BIVV) e a Fundación Dräger.

 

Esta guía, pretende axudar ás empresas a revisar e mellorar a xestión da súa frota gris, con especial enfoque nos aspectos relacionados coa seguridade.
No texto explícanse as responsabilidades legais e os beneficios empresariais de dispoñer dunha política eficaz de xestión da frota gris, como se poden reducir os riscos viarios da frota gris a través da análise de riscos e da importancia que ten a integración dunha política de frota gris nos procedementos empresariais e na responsabilidade da dirección. 
Contido:
  • Introdución.
  • Cales son os motivos para xestionar unha frota gris?: A lei así o dita. Pode ser positivo a nivel empresarial; Problemas asociados ao funcionamento da frota gris e sistemas alternativos.
  • Existen alternativas para que os empregados non utilicen os seus vehículos propios?.
  • A xestión da frota gris: Análise de riscos da frota; Responsabilidade, dirección e políticas internas; Un enfoque nos condutores; O vehículo; O traxecto; Inspeccións, pólizas de seguros e mantemento.
  • Lista de verificación para xestionar os riscos da frota gris.
  • Anexo. Referencias
Ligazón ao texto

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS