Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Colección "Criterios e recomendacións"

03-06-2013 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ven de incorporar un novo documento da colección "Criterios e recomendacións" relacionado coa metroloxía de axentes químicos que ten por título: CR-08/2013: Control de calidade interno na análise (reconto) de fibras de amianto

Este documento contén información de aplicación directa para os laboratorios especializados na análise (reconto) de fibras de amianto en aire, facilitando a implantación, revisión e actualización do control de calidade, requisito esixido aos laboratorios para o recoñecemento da súa capacidade técnica, segundo o disposto no Anexo II do R.D. 396/2006, de 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.


Por outra banda o documento incorpora tamén información nova sobre o cálculo da incerteza dos resultados dos recontos de fibras polo que o seu interese esténdese ,máis aló dos laboratorios, a todos aqueles implicados na avaliación das exposicións a amianto e a súa fiabilidade.

 

Ligazóns:

CR-08/2013: Control de calidade interno na análise (reconto) de fibras de amianto (pdf, 1,01 Mbytes)

Ver toda a colección ....

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS