Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Campaña do ISSGA sobre a prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios

16-05-2018 - ISSGA

O ISSGA presentou o pasado 11 de maio de 2018 unha nova campaña sobre a prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Esta actividade está recollida no Plan anual de actividades do instituto e forma parte das actuacións de asesoramento, información e sensibilización específicas para reducir a sinistralidade laboral no sector da industrial musical e de espectáculos públicos, en concreto na actividade de montaxe e desmontaxe de escenarios públicos.

Esta acción vai dirixida a empresarios/as, mandos intermedios, traballadores/as e persoas con responsabilidade en materia preventiva e, en especial, en coordinación de actividades empresariais.

Na montaxe e desmontaxe de escenarios para espectáculos intervén moita normativa diferente, aínda que non existe ningunha especifica. Con esta actuación o ISSGA tenta elaborar unha folla de ruta para aplicar normativa doutros sectores á montaxe e desmontaxe de escenarios establecendo un paralelismo entre eles.

Os documentos que compoñen esta campaña son:

- A Folla de prevención, denominada “Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios”, realizada en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e na que se recollen os principais aspectos realacionados coa prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios: Introdución e lexislación, coordinación de actividades, documentación de PRL na montaxe de escenarios ou bancadas, riscos e medidas preventivas, lembra, bibliografía e normativa aplicable.

Folla de prevención.

- Dous trípticos e dous carteis nos que se detallan os aspectos más destacables da documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas así como sobre a coordinación de actividades. Está a elaborarse un terceiro documento sobre ruído, tamén en formato tríptico e cartel, que completará a documentación desta campaña e que se publicará proximamente.

Tríptico 1, onde se recollen os aspectos máis importantes relacionados coa documentación de PRL na montaxe de escenarios ou bancadas: Introducion, lexislación, documentación de PRL na montaxe de escenarios ou bancadas, escenarios realizados con elementos de estada tubuar, escenarios realizados con outros elementos metálicos tubulares ou doutros materiais e escenarios móbiles.

Ligazón Tríptico 1:  Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas.

Tríptico 2, onde se recollen os aspectos máis importantes relacionados coa coordinación de actividades na montaxe e desmontaxe de escenarios: Introdución e lexislación, coordinación de actividades, fase de montaxe e desmontaxe e fase de celebración.

Ligazón Tríptico 2 : Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Coordinación de actividades.

Cartel 1, no que se lembran os aspectos máis importantes relacionados coa documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas.

Ligazón Cartel 1: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Documentación de prl na montaxe de escenarios ou bancadas.

Cartel 2,no que se lembran os aspectos máis importantes relacionados coa coordinación de actividades na montaxe e desmotaxe de escenarios.

Ligazón ao Cartel 2: Prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Coordinación de actividades.

Entre os aspectos que cómpre destacar no desenvolvemento destes traballos e que se recollen na documentación que se preseta, destacan entre outros:

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS