Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Campaña "Faite visible", para mellorar a seguridade do motorista de reparto

20-11-2017 - INSSTB

En 2015, 1.565 motoristas do sector de "Servizos de comidas e bebidas" tiveron un accidente de tráfico realizando as tarefas de reparto. 83 deles foron hospitalizados pola gravidade das súas feridas e un faleceu. O 61% do total de feridos tiña menos de 26 anos. A actividade de servizos de comidas e bebidas presenta unha elevada sinistralidade durante a xornada de traballo, ocupando o terceiro lugar en índice de incidencia. Ademais nos últimos catro anos obsérvase un incremento do índice de incidencia nesta actividade do 36,2%.

O INSSTB ven de deseñar a campaña "Faite visible" específica para os motoristas que conta con diversos materiais descargables accesibles dende as seguintes ligazóns:

Cartel ángulos mortos descargable (pdf, 798 Kbytes)

 Ángulos mortos dun coche (pdf, )

 Ángulos mortos dunha furgoneta (pdf, 4,78 Mbytes)

 Ángulos mortos dun autobús (pdf, 11,89 Mbytes) 

 

Folleto campaña "¡Faite visible!" (pdf, 3,29 Mbytes)

Pegatinas retro-reflectantes para o casco (pdf, 4,42 Mbytes)

Estos materiais poden solicitarse a través da seguinte ligazón 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS