Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Cambio nas seccións Normativa, Formación e novo Portal UE-Internacional

10-04-2013 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) desenvolveu un novo deseño para mellorar e actualizar varios apartados do seu Portal web.

Estes cambios tradúcense en novas formas de clasificar a información existente e en actualizar os contidos para que os usuarios poidan consultar dun xeito máis práctico, rápido e doado a información.

En concreto, remodeláronse as seccións de Normativa e Formación e creouse un novo apartado internacional “El INSHT en Europa e o Mundo” (UE-Internacional) para describir a actividade que no ámbito europeo e internacional desenvolve o INSHT.

"NORMATIVA"


Os principais cambios son:


. Clasificación temática. Móstranse as oito categorías e as súas correspondentes subcategorías, obtendo unha visión global da estrutura temática e, con el, unha busca máis rápida da información correspondente.


. Organización do listado de normativa. Esta aparece clasificada (dependendo de cada subcategoría) en normativa xeral, específica, por colectivos, etc.

"FORMACIÓN"

Ademais de incluír a tradicional oferta formativa propia da Institución, alude tamén ás distintas etapas do Sistema Educativo (e á Formación Profesional para o Emprego) dende o punto de vista da integración da prevención nas súas ensinanzas.

A esta información súmanse distintos enlaces de interese ás direccións dos Organismos con competencias en materia preventiva nas Comunidades Autónomas, e con especial referencia á súa oferta formativa e a proxectos institucionais relacionados.

Recóllese, por último, unha extensa recensión da normativa directamente vinculada coa formación dentro da lexislación vixente en materia preventiva e, sempre que sexa posible, enlaces aos artigos concretos en cada caso para facilitar a súa consulta e acceso.

"UE-INTERNACIONAL"

Neste novo apartado internacional, El INSHT en Europa e o Mundo, encóntrase toda a información referente á actividade que realiza o INSHT no exterior, e que se encontra dividida en dous tipos de accións: as que se realizan no ámbito europeo, como Centro de Referencia Nacional con relación ás institucións da Unión Europea (UE), e as accións enmarcadas dentro do ámbito internacional, onde se recolle a información das colaboracións que o INSHT mantén coas principais organizacións internacionais que realizan actividades no campo da prevención de riscos laborais e ofrecen información básica sobre estas.

Na sección "o papel internacional do INSHT" pódense encontrar, entre outros:


. Un espazo dedicado a Actividades Internacionais, cunha selección dos eventos máis relevantes neste ámbito.

. Un apartado denominado Organismos de Seguridade e Saúde no Traballo no Mundo, que proporciona unha lista de enlaces, clasificada por países, de institucións gobernamentais responsables en prevención de riscos laborais, indicándose o idioma no que están dispoñibles (español, portugués, inglés ou francés).

. Acceso a varios documentos en inglés, Documents in English, tales como: lexislación, publicacións e artigos técnicos, que se irán incrementando paulatinamente.

No apartado dedicado ás "Accións no ámbito europeo" accédese á información sobre:

. Participación en institucións da Unión Europea e outras actividades.

. Relación con outras entidades de ámbito europeo.


En Enlaces de interese figuran aquelas institucións e organizacións que definen o rumbo das accións e políticas que nesta materia se realizan na UE, que se materializan en documentos lexislativos, guías, recomendacións e estratexias dispoñibles no apartado Documentos de interese.

Está dispoñible un espazo de acceso ás convocatorias de propostas e licitacións de dimensión europea relacionadas con políticas de seguridade e saúde no traballo, o Programa Progress e Otras Convocatorias. Estas convocatorias están abertas á participación dos 27 países da UE, países candidatos e candidatos potenciais, así como aos países da AELC/EEE.

Nesta nova sección expóñense as accións que realiza o INSHT como centro de referencia da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo en relación coas Campañas Europeas "Lugares de Traballo Saudables" que, con carácter bienal, coordina a Axencia Europea. E dentro de Campaña Europea pódese consultar toda a información relativa ás actividades e eventos de difusión da presente Campaña 2012-2013 "Traballando xuntos para a prevención de riscos".

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS