Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Caderno de reflexión. Consideracións e reflexións sobre como mellorar a seguridade viaria no contexto laboral

30-01-2020 - INSST-FESVIAL

Dende o ámbito laboral e social, distintas entidades levan moito tempo traballando na promoción da seguridade viaria nas empresas. A redución das cifras de accidentes de tráfico laborais atópase recollida no obxectivo 3 da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no traballo 2015-2020. O INSST promoveu os encontros de profesionais expertos en Seguridade Viaria Laboral para debater aspectos de máximo interese neste ámbito, como son a análise de datos de accidentes de tráfico laborais, a avaliación de riscos viarios laborais, a xestión de frotas, a cultura preventiva, a formación, as campañas de concienciación e os custos dos sinistros viais laborais.

Os grupos, que foron coordinados por expertos da Fundación para a Seguridade Viaria co apoio de  INSST, estaban formados por responsables de prevención de empresas, sindicatos, mutuas, servizos de prevención e outras entidades e administracións relacionadas coa seguridade viaria  labora.

A información contida neste documento é un extracto das principais ideas resultantes deses grupos de traballo. O seu obxectivo é mostrar as fortalezas e debilidades que as empresas poden ter á hora de traballar en materia preventiva sobre a seguridade viaria e ofrecer información sinxela e eficaz para avanzar no seu desenvolvemento.A través deste caderno de reflexión recóllense

Ligazón ao Caderno de reflexión. Consideracións e reflexións sobre como mellorar a seguridade viaria no contexto laboral

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS