Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Beneficios do fomento da práctica da actividade física e a práctica deportiva, en termos de mellora da saúde, o benestar e a produtividade

18-04-2018 - INSSBT

O estudo ten como obxectivo levar a cabo unha revisión sistemática actualizada da evidencia científica dispoñible en relación co fomento da actividade física e a loita contra o sedentarismo dentro do ámbito laboral. Inclúe tamén unha recompilación e análise de exemplos de Boas Prácticas e unha listaxe de recomendacións.

O estudo, levado a cabo polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo (INSSBT) e en colaboración coa Rede Española de Investigación en Exercicio Físico e Saúde (EXERNET), ten como obxectivo en primeiro lugar levar a cabo unha revisión sistemática actualizada da evidencia científica dispoñible en relación co fomento da actividade física e a loita contra o sedentarismo dentro do ámbito laboral.

Inclúe tamén unha recompilación e análise de exemplos de Boas Prácticas en empresas que desenvolven a súa actividade no Estado e que teñen unha experiencia acreditada en relación co fomento da actividade física dentro do ámbito laboral e unha listaxe de recomendacións en base ao criterio técnico dunha comisión de expertos na materia cos aspectos máis relevantes relacionados coa posta en marcha por parte das empresas de intervencións eficaces de promoción da saúde no traballo (PST) relacionadas coa actividade física e a loita contra o sedentarismo.

Ligazón: “Beneficios do fomento da práctica da actividade física e a práctica deportiva, en termos de mellora da saúde, o benestar e a produtividade”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS