Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Análise sobre a dobraxe de cubertas de amianto-cemento no Estado: propostas de actuación preventiva

15-02-2019 - INSST

O INSST pon a disposición este documento no que analiza a situación actual das cubertas de amianto-cemento no Estado, a doblaxe de cubertas e as actuacións técnicas e administrativas na doblaxe de cubertas de amianto-cemento.

Durante o século XX e ata a súa prohibición en toda a Unión Europea, o amianto utilizouse de forma xeneralizada como materia prima na fabricación de numerosos e variados materiais e produtos, maioritariamente para o sector da construción, pero tamén para outros como o industrial ou o transporte, debido ás súas propiedades físico-químicas e ao seu baixo custo.

Dada a gravidade das potenciais consecuencias da exposición ao amianto, estableceuse un marco regulatorio específico  a nivel tanto europeo como internacional, chegándose á súa prohibición en polo menos 65 países. A lexislación española estableceu a prohibición total de comercialización e uso de amianto e os materiais que o conteñen no ano 2002, aínda que os MCA instalados antes desa data están permitidos ata o final da súa vida útil ou a súa eliminación.

O material con amianto (MCA) máis fabricado e utilizado foi o amianto-cemento ou fibrocemento con amianto,“uralita”, que se pode atopar, fundamentalmente, en elementos construtivos como placas onduladas e planas para cubertas, canalizacións de auga, baixantes, depósitos de auga, condutos ou chemineas, elementos decorativos, etc. O amianto-cemento é un material de construción constituído por unha mestura dun aglomerante inorgánico hidráulico (cemento) reforzado con fibras de amianto.

A preocupación ao redor da problemática suscitada coa dobraxe de cubertas (apuntadas no Informe do Grupo de Traballo de Amianto da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) de decembro de 2014 sobre a aplicación do RD 396/2006), demanda a conveniencia de propoñer actuacións sobre as cubertas con amianto con criterios técnicos. Neste sentido, un enfoque ou xestión incorrecta dos MCA durante traballos de demolición, rehabilitación, reparación ou mantemento en edificacións ou estruturas con elementos de amianto-cemento pode conducir a unha liberación considerable e incontrolada de fibras ao ambiente que, ademais de causar un risco grave para a saúde, requirirá moitos recursos para eliminar a contaminación accidental das zonas ou locais afectados.

Dado o carácter xeral deste documento, os criterios e recomendacións técnicas que se inclúen son orientativos e están baseados en boas prácticas aceptadas no conxunto de países da Unión Europea, polo que, ante unha situación concreta de traballo en cubertas de amianto-cemento, resulta imprescindible realizar unha avaliación específica da situación e considerar, ademais do risco de exposición a fibras de amianto, o risco de accidentes por caídas desde a cuberta.

Ligazón á publicación do INSST "Análise sobre a dobraxe de cubertas de amianto-cemento no Estado: propostas de actuación preventiva"


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS