Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Análise da exposición ao ruído a bordo de embarcacións de pesca

18-07-2016 - INSHT

O obxecto deste estudo elaborado polo INSHT é caracterizar os niveis de ruído típicos existentes nas diversas zonas de estancia e traballo a bordo de embarcacións de pesca con eslora inferior a 24 metros. Hai que ter en conta que a tripulación atópase exposta a altos niveis de ruído de xeito constante, pois o barco é centro de traballo e lugar de descanso.

Para a realización deste documento, tivéronse en conta diversos estudos realizados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) a bordo de buques de pesca e bibliografía existente nesta materia.

Ademais da caracterización dos niveis de ruído existentes nas diversas zonas do barco, tamén se realiza unha estimación dos niveis de exposición diaria segundo o posto de traballo desempeñado a bordo.

Ligazón ao texto Análise da exposición ao ruído a bordo de embarcacións de pesca

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS