Financiado por:
/ Recursos Técnicos

A cuarta revolución industrial e a innovación social no lugar de traballo

18-09-2019 - EU-OSHA

Cando falamos do futuro do traballo, os desenvolvementos técnicos centran os principais elementos do debate. O presente documento céntrase na innovación social no contexto da dixitalización, e o seu impacto sobre os tipos de traballos, os traballadores e os lugares de traballo do futuro, así como nos retos que presentan para os regulamentos e a gobernanza en materia de seguridade e saúde no traballo ( SST).

O documento describe os novos modelos comerciais e innovadores que permiten incrementar a cantidade de traballo realizado en liña e en contornas non ofimáticas, por traballadores a miúdo auto-empregados. Son obxecto de debate a necesidade de  resiliencia e de adaptabilidade dos individuos, os novos tipos de traballadores resultantes e os retos específicos aos que se enfrontan os recentemente chegados e os traballadores de máis idade, así como a necesidade de que as organizacións de  SST centren a súa atención no apoio aos traballadores individuais.

 Ligazón ao documento (en inglés): The fourth industrial revolution and social innovation in the work place

Fonte: Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo

Documentos

The fourth industrial revolution and social innovation in the work place.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS