Financiado por:
/ Recursos Técnicos

A avaliación de riscos coa ferramenta OiRA para perruqueríass, explicada nun novo vídeo

20-02-2019 - EU-OSHA

Os profesionais das perruquerías enfróntanse a diversos riscos, como os problemas musculoesqueléticos relacionados coas posturas de traballo e os problemas cutáneos debidos ao traballo en contornas húmidas e á manipulación e uso de cosméticos. As ferramentas de OiRA ofrecen solucións gratuítas e fáciles de aplicar a estas ameazas diarias para a saúde no traballo.

A EU- OSHA asociouse co sector europeo de perruquerías para elaborar un novo vídeo no que se mostra como reducir os riscos para a seguridade e a saúde no traballo coa axuda de OiRA, a ferramenta interactiva de avaliación de riscos en liña. O vídeo vén complementar unha infografía publicada recentemente sobre a avaliación de riscos con OiRA.

O vídeo destinado a profesionais de perruquería e a ferramenta sectoral de OiRA desenvolvéronse en colaboración cos interlocutores sociais sectoriais da UE coiffure e UniEuropa .

O vídeo está subtitulado nas linguas dos países onde xa existe unha ferramenta de OiRA para profesionais do sector.

Ligazón ao vídeo, a infografía e as ferramentas dispoñibles.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS