Saúde musculoesquelética no sector da asistencia sociosanitaria06-10-2025 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoO último informe da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, examina a saúde musculoesquelética no sector da asistencia sociosanitaria, destacando os riscos específicos e os resultados sanitarios, as formas de previlos e xestionalos e a importancia de promover unha cultura proactiva da seguridade e a saúde no traballo. | ![]() |
|---|
Nel sinálanse os principais factores de risco —entre eles, as grandes cargas de traballo, a manipulación manual de pacientes e a formación inadecuada— e se presentan suxestións políticas para previr os trastornos musculoesqueléticos, o problema de saúde laboral máis estendido do sector.
Ligazón ao informe Saúde musculoesquelética e factores de risco no sector da asistencia sanitaria e social: revisión da información existente