Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

Novos casos de silicose rexistrados no INS durante 2025

20-07-2026 - INS

Neste informe preséntanse, por Comunidades Autónomas, os novos casos de silicose diagnosticados polo Instituto Nacional de Silicose durante o ano 2025. Estes diagnósticos xorden a partir dos recoñecementos médicos efectuados ás persoas traballadoras que acoden a través de diferentes organismos, así como dos expedientes remitidos, para a súa valoración, polas Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e os Equipos de Valoración de Incapacidades de diversas provincias.

Dende o punto de vista asistencial, independentemente do resultado do seu diagnóstico, a orixe principal dos pacientes nos últimos anos é a seguinte:

Por Comunidades Autónomas:

• Asturias (47,2%)

• Galicia (23,4%)

• Castela e León (16,1%)

• Andalucía (4,8%)

• Estremadura (2,6%)

Por sector de procedencia:

• Carbón (29,8%)

• Lousa (24,1%)

• Marmorerías e fabricación de aglomerados de sílice (8,1%)

• Granito (7,3%)

• Construción (2,1%)

• Amianto (14,8%)*

Os principais organismos que remiten persoas traballadoras ou expedientes para a súa valoración neste Instituto son: Servizos Públicos de Saúde, tanto en atención primaria como en especializada (servizos de pneumoloxía e medicina interna); mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social; equipos de valoración de incapacidades do INSS; Mutualidade da Minería do Carbón; xulgados do social; centrais sindicais e empresas de diferentes sectores (minería, cerámica, siderurxia, marmorerías e fabricación de aglomerados de sílice, etc.).

Non se ten constancia de que os EVI provinciais envíen ao INS a totalidade dos expedientes de valoración de silicose, aínda que nos últimos anos observouse un incremento dos que remiten os seus datos o que, indubidablemente, axuda a aumentar a fiabilidade dos datos relacionados coa enfermidade.

Ligazón ao documento: Novos casos de silicose rexistrados no INS durante 2025. INS 2026

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS