Mapa de risco químico en Galicia04-11-2011 - Risco químicoO ISSGA, está a desenvolver un proxecto que comezou no ano 2010 e que continúa durante o 2011 coa finalidade de elaborar un “MAPA DE RISCO QUÍMICO DE GALICIA”. | ![]() |
|---|
O obxectivo deste proxecto é precisamente o de recoller datos sobre o uso de produtos químicos perigosos nas empresas que desenvolven a súa actividade en Galicia.
Nunha primeira fase, colaboraron con este proxecto máis de 80 empresas do país que manipulan produtos químicos perigosos, remitindo a información solicitada nun cuestionario posto a disposición polo ISSGA. Na segunda fase, o ISSGA recabará información de outras 100 empresas con risco químico co fin de continuar recollendo información sobre os axentes químicos que se utilizan ou producen na empresa e algúns datos sobre o control dos riscos que se poidan xerar.
Pódese atopar máis información sobre este tema e sobre a nova etiquetaxe de productos químicos perigosos na páxina do ISSGA e través do seguinte enlace