Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

Xestión das persoas traballadoras mediante a IA: desde o desenvolvemento tecnolóxico ata o seu impacto na súa seguridade e saúde

02-04-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

No último informe da EU-OSHA investígase a relación entre a IA e a evolución da dinámica en materia de xestión no traballo, utilizando datos extraídos de patentes para analizar as tecnoloxías de xestión baseadas na IA, as súas funcións previstas e a súa integración nos distintos sectores, así como os novos riscos potenciais para a seguridade e a saúde das persoas traballadoras.

A dixitalización está a transformar os lugares de traballo, o que converte ás tecnoloxías de xestión das persoas traballadoras mediante a intelixencia artificial (AIWM) nunha área prioritaria para a seguridade e a saúde no traballo (SST).

No último informe da EU-OSHA investígase a relación entre a IA e a evolución da dinámica en materia de xestión no traballo, utilizando datos extraídos de patentes para analizar as tecnoloxías de xestión baseadas na IA, as súas funcións previstas e a súa integración nos distintos sectores, así como os novos riscos potenciais para a seguridade e a saúde das persoas traballadoras.

O documento avoga pola supervisión estratéxica das tecnoloxías AIWM, mostra que só unha fracción marxinal destas tecnoloxías patentadas tiña por obxecto mellorar o benestar das persoas traballadoras e pon de relevo que as consideracións en materia de seguridade e saúde deben ser parte constitutiva do seu proceso de deseño e aplicación.

Ligazón ao documento “Worker management through AI. From technology development to the impacts on workers and their safety and health”. (Xestión dos traballadores a través de IA. Do desenvolvemento tecnolóxico ao impacto nos trabajadores e a súa seguridade e saúde laboral”. EU-OSHA 2024.

Este documento describe as tecnoloxías de xestión das persoas traballadoras mediante a IA (AIWM) e a súa penetración sectorial, a través da análise dos datos e o contido das patentes. Propón un enfoque baseado na medición que pode utilizarse para investigar o impacto das tecnoloxías AIWM no persoal, as tarefas e as funcións. As conclusións apuntan a un posible impacto adverso da AIWM sobre a seguridade e a saúde das persoas traballadoras. Sinalar que a investigación reflicte só unha parte marxinal das patentes cuxo obxecto é a mellora do benestar humano, subliñando a falta de interese empresarial no emprego destas tecnoloxías para mellorar a seguridade e a saúde no traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS