Financiado por:
/ Portada / Riscos específicos

Sección sobre o control do gas radon nos edificios no Código Técnico da Edificación

22-06-2021 - RADON

Ao longo dos últimos anos falouse moito sobre a modificación do Código Técnico de Edificación. Finalmente, o 27 de decembro de 2019 publicouse o Real Decreto 732/2019, do 20 de decembro que modifica o Código Técnico de Edificación. O seu obxectivo é mellorar as prestacións dos edificios, garantir a saúde e mellorar o confort e a seguridade dos edificios.

Cales son as principais novidades da Modificación do Código Técnico de Edificación?

Como novidades aparece o novo “Documento Básico de Aforro de Enerxía (DB – HEI)”, que recolle  as últimas directivas europeas encamiñadas ao aforro de enerxía. Entre elas o DB HEI5 que contempla a necesidade de xeración de electricidade renovable en edificios de mais de 3000 m2.

Inclúese unha nova Sección dentro do “Documento Básico de Salubridade (DB – HS)” denominada Protección fronte á exposición ao radon”. Este documento vén a incorporar aos edificios medidas de control sobre o gas radon que nos últimos anos comezou a preocupar notablemente.

A Guía de rehabilitación fronte ao radon xa está dispoñible

Esta Guía, publicada en setembro de 2020, foi elaborada polo Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbán xunto co Instituto de ciencias da construción Eduardo Torroja, co obxectivo de constituír unha ferramenta de axuda para o deseño de solucións de protección fronte ao radon na rehabilitación de edificios. Proporciona os conceptos fundamentais necesarios que apoian o correcto diagnóstico das vías de entrada do radon, ilustra o proceso de realización das medicións de radon, así como presenta as solucións de protección e proporciona criterios para a elección das solucións máis axeitadas a cada caso.

A Guía conta ademais con Fichas de solucións que describen as distintas solucións de protección e con Fichas de exemplos que amosan intervencións reais en edificios nos que se conseguiu reducir a concentración de radon.

Efetos do Radon sobre a saúde

O radon é unha das principais causas de cancro de pulmón. As estimacións actuais sobre a proporción dos casos de cancro de pulmón atribuíbles a este gas varían entre un 3% e un 14% segundo a concentración media de radon no correspondente país e da prevalencia do consumo de tabaco.

A primeira vez que se detectou este efecto foi ao comprobarse un aumento na taxa de cancro de pulmón entre traballadores de minas de uranio expostos a altas concentracións de radon. Ademais, hai estudos realizados en Europa, América do Norte e China que confirman que, mesmo en concentracións baixas como as que se atopan nas vivendas, o radon tamén entraña riscos para a saúde e causa cancro de pulmón en todo o mundo.

O risco deste cancro aumenta nun 16% con cada incremento de 100 Bq/ m3 na concentración media de radon a longo prazo. Sábese que a relación dose-resposta é lineal, é dicir, que o risco de cancro de pulmón aumenta de forma proporcional ao aumento da exposición ao radon.

A probabilidade de que este gas provoque cancro de pulmón é maior nos fumadores e, de feito, calculouse que o risco asociado ao radon que corre un fumador é 25 veces superior ao dunha persoa que non fuma tabaco. Ata a data, non se demostrou que este gas provoque outros tipos de cancro ou outros efectos para a saúde, aínda que, tras ser inhalado, pode chegar a outros órganos, aínda que a un nivel moito menor que aos pulmóns.

Ligazón á Guía Rehabilitación fronte ao radon

Ligazón á Guía de Rehabilitación fronte ao radon con fichas

Ligazón ao Real Decreto 732/2019, do 20 de decembro que modifica o Código Técnico de Edificación.

Ligazón á páxina CTE Código Técnico da Edificación

Ligazón á sección da nosa web sobre o radon (Riscos Específicos/Radon)

 

Fontes: Seingenia y Codigotecnico. Prevención Integral

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS