Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

FTA-04/A24. Sílice cristalina respirable

27-03-2024 - INSST

O INSST pon a disposición a “FTA-04/A24. Toma de mostra e análise para a determinación de sílice cristalina respirable - Método de captación en filtro/Difracción de raios X”, da colección FTA que inclúe fichas, específicas para cada axente ou familia de axentes químicos, que proporcionan aos técnicos/as de prevención unha información simple e detallada para medir a exposición dos traballadores/as e poder comparar cos valores límite de exposición profesional.

A información proporcionada comprende a etapa de toma de mostra e a etapa de análise do procedemento de medida e está baseada nas recomendacións e requisitos estabelecidos na normativa vixente, especialmente nas normas técnicas UNE-EN 482:2021 e UNE-EN 689:2019.

Ligazón á ficha FTA-04/A24. Toma de mostra e análise para a determinación de sílice cristalina respirable - Método de captación en filtro/Difracción de raios X.

 Ligazón á colección técnica “Fichas de toma de mostra e análise de axentes químicos (FTA)” INSST 2024

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS