Financiado por:
/ Portada / Riscos específicos

Catalunya proxecta estar libre de amianto no 2032

27-02-2020 - Comisión para a Erradicación do Amianto en Catalunya, CEAC

O amianto representa un dos principais problemas de saúde pública e ambiental que afronta Catalunya e a súa erradicación é unha cuestión complexa que necesita tempo e require da implicación de todas as administracións catalás, institucións e sectores socioeconómicos. Pero os primeiros pasos parecen estar dados, coa publicación do Acordo de Goberno/149/2019, do 22 de outubro, para a creación da Comisión para a erradicación do amianto en Catalunya e da Comisión técnica DESAMIANT- CAT, adscrita á anterior. A primeira xa está constituída e a segunda constituirase nas primeiras semanas de 2020.

Estímase que en Catalunya aínda hai máis de 4 millóns de toneladas de fibrocemento e miles de toneladas doutros materiais que conteñen amianto, a pesar de estar prohibido o seu uso, produción e comercialización dende 2001. Unha gran parte deles instaláronse entre mediados dos anos 60 e finais dos 80, e chegaron ou están a chegar ao final da súa vida útil, co consecuente aumento no risco de liberar as súas fibras canceríxenas.

O amianto representa un dos principais problemas de saúde pública e ambiental que afronta Catalunya e a súa erradicación é unha cuestión complexa que necesita tempo e require da implicación de todas as administracións catalás, institucións e sectores socioeconómicos. Pero os primeiros pasos parecen estar dados, coa publicación do Acordo de Goberno/149/2019, do 22 de outubro, para a creación da Comisión para a erradicación do amianto en Catalunya e da Comisión técnica  DESAMIANT- CAT, adscrita á anterior. A primeira xa está constituída e a segunda constituirase nas primeiras semanas de 2020.

As accións para desenvolver por ambos os grupos de traballo e os obxectivos que perseguen deberán estar aliñados coa normativa europea que promove a eliminación segura do amianto, así como coas propostas recollidas no Informe sobre a exposición laboral a fibras de amianto en Catalunya, de decembro de 2018, elaborado de forma concertada pola Generalitat de Catalunya e os axentes sociais membros da Comisión de Seguridade e Saúde Laboral do Consello de Relacións Laborais de Catalunya.

O límite de 2032 vén imposto pola Unión Europea, que a través do Comité Económico e Social Europeo (CESE) puxo data á erradicación do amianto. A primeira data límite é 2028 e afecta a centros públicos ou de uso masivo, que para ese ano  deberan estar libres de amianto, mentres que para o resto de infraestruturas o prazo máximo é 2032.

A Comisión para a erradicación do amianto en Cataluña, co apoio da Comisión técnica  DESAMIANT- CAT, traballará na elaboración do Plan nacional para a erradicación do amianto en Catalunya. Para iso, a Comisión avaliará a situación actual do amianto en Catalunya, identificará aos principais axentes implicados, tanto públicos como privados, e as súas competencias sobre amianto, e establecerá  mecanismos de cooperación e coordinación entre estes.

Con todo, dado o impacto deste tema sobre as persoas,  así como a complexidade e alcance que ten a exposición ás fibras de amianto en Catalunya, a Comisión considerou necesario abordar medidas de carácter urxente, que non poden esperar á aprobación do Plan nacional, e que permitan actuacións a curto e medio prazo. A Comisión técnica  DESAMIANT- CAT quedou encargada de identificar as actuacións para priorizar.

O primeiro plan destas características elaborado no Estado, e un dos pioneiros en Europa, é o Plan director de eliminación do amianto do Gobierno de Navarra, cun custo estimado duns 245 millóns de euros en 12 anos. Con el espérase gañar anos e calidade de vida das persoas, reducir o elevado custo da atención sanitaria aos afectados polo amianto, un claro beneficio ambiental, a revalorización de terreos e inmobles afectados,  así como o desenvolvemento dun sector empresarial especializado na xestión e retirada adecuada deste material.

Fonte:  Higieneambiental

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS