Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Vítimas do mercurio gañan o seu caso en Noruega

05-02-2014 - HIXIENE

Unha ex enfermeira dental gañou o seu caso contra o Estado noruegués no Tribunal Supremo. Expertos legais indican que o fallo senta un precedente importante e pode chegar a ser tan importante para estas profesionais como o foi o fallo do amianto hai algúns anos. Na sentenza establécese que o mercurio é prexudicial para a saúde e que danou a saúde das enfermeiras dentais.

O Sindicato de Empregados Municipais e Xerais ( coñecidos en noruegués como Fagforbundet ) tomou o caso en nome dun grupo de enfermeiras dentais. "É un grande avance para estas mulleres, ao igual que o amianto o foi para moitos homes hai algúns anos. Hai razóns para crer que esta decisión podería abrir a porta a outros casos similares" "en relación coas enfermidades profesionais", dixo o avogado da demandante.

A decisión xudicial aplícase a todas as enfermeiras dentais que prepararon a amálgama de mercurio e entraron en contacto co vapor de mercurio a diario no seu traballo. O sindicato representa máis de 100 destas mulleres.

En particular, isto significa que Serigstad terá a súa pensión de invalidez calculada dun xeito máis favorable, o que tamén terá un efecto beneficioso sobre a súa pensión de xubilación. Ademais concedéuselle unha indemnización por lesións permanentes entre 10.000 e 30.000 euros.

Aínda Que o fallo por escrito do Tribunal Supremo non está dispoñible aínda, a sentenza do Tribunal de Apelación estableceu que para que haxa unha enfermidade profesional non é preciso que se dea "un conxunto único de síntomas e signos", pois a enfermidade pode presentarse de diferentes maneiras.

 

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS