Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Un xulgado de Oviedo recoñece a tendinite de ombreiro como enfermidade profesional de caixeira de supermercado

16-05-2017 - Sentenza

A sentenza considera que existe unha relación directa entre a lesión os movementos de brazo, cóbado e ombreiro que debe realizar para alcanzar os produtos desde a cinta e pasalos ata o lector de prezos. Tanto mutua como a empresa desligaban a enfermidade que padece a traballadora da súa actividade profesional, considerando a doenza como enfermidade común.

Considerase probado que a situación de baixa temporal, iniciada pola traballadora, en agosto de 2016, foi orixinada por unha enfermidade profesional incardinable no Cadro de Enfermidades Profesionais do ano 2006. A sentenza avala a argumentación esgrimida polos letrados que defenderon á traballadora así como polo asesor xurídico do INSS, quen coincidía cos letrados en que no seu traballo como caixeira,  debía executar movementos repetitivos que afectaban o seu brazo, cóbado e ombreiro, «ao ter que pasar produtos polo lector de prezos de forma continua e ter que alcanzalos».
A maxistrada-xuíz comparte o criterio de que non son movementos comparables aos dun escaiolista ou pintor, «pero non hai que esquecer que a norma non impón un numerus clausus en canto a profesións que poidan encaixar na tipoloxía das enfermidades profesionais», recalca na sentenza.

O real decreto de 2006 expón que a patoloxía tendinosa crónica do manguito dos rotadores relaciónase con traballos que se realizan «cos cóbados en posición elevada ou que tensen os tendóns ou bolsa subacromial, asociándose a accións de levantar e alcanzar e ao uso continuado do brazo en abdución ou flexión». E non inclúe a actividade de caixeira nos exemplos recompilados no código.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS