Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Un sanitario do Carlos III denunciou as carencias do centro para atender os casos de ébola

17-10-2014 - HIXIENE

Un enfermeiro do Hospital La Paz-Carlos III de Madrid, onde se atenderon aos dous misioneiros repatriados infectados por ébola dende África, denunciou este luns as condicións de traballo e as medidas de seguridade que se utilizaron á hora de tratar aos dous enfermos. O empregado do centro, onde unha das súas traballadoras resultou contaxiada polo virus, denunciara nun blog a infraestrutura insuficiente para facer fronte a estes casos. Ademais, denuncia que Sanidade modificou "ao seu gusto" o protocolo para tapar as carencias do hospital.

O sanitario asegura que os protocolos "non" foron entregados ao persoal para o seu coñecemento nin foron expostos nas reunións coa dirección de enfermaría e tamén lamenta que se desoísen as peticións de relizar "protocolos específicos da Unidade de Coidados Intensivos" ou a ausencia de "a realización de cursos formativos e de capacitación" para traballar nestas situacións. Por último, critica a "inexperiencia" do persoal encargado de impartir as charlas. "Os traxes resgábanse, substituían as calzas por bolsas de plástico, non existían escafandras completas e viñan a dicir pouco máis ou menos que había que facer un apaño para cubrir a cara con fita de carrocero", escribe.

Esta denuncia se une á realizada por outros membros do Carlos III que aseguran que os traxes cos que se atendeu a García Viejo e Miguel Pajares non cumprían a normativa. Segundo as súas queixas, o regulamento de seguridade establece unha indumentaria de nivel 4. Iso significa que debían ser impermeables e cun sistema de respiración autónoma. En ambos os dous casos, o nivel alcanzaba o nivel 2. Estas queixas foron respondidas dende a dirección do hospital, que defendeu que se cumpriu o protocolo.

Pola súa banda, as organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial pediron tranquilidade e medios para afrontar esta crise sanitaria. Neste sentido, engadiron que, "chegado o momento", esixirán responsabilidade políticas.

Os representantes sindicais informaron de que foron convocados con carácter de urxencia na sede do Servizo Madrileño de Saúde (SERMAS) para recibir información sobre o contaxio dunha enfermeira que asistiu ao paciente Manuel García Viejo, que foi atendido no Carlos III no mes de setembro.

Os sindicatos trasladaron o seu apoio á enfermeira, poñendo á súa disposición "todo o que sexa necesario para garantir a súa correcta asistencia". Ademais, defenderon que é momento de trasladar tranquilidade aos profesionais sanitarios e á cidadanía.

"Dende as nosas organizacións estamos a esixir á Consellería toda a información, a posta á súa disposición de todos os medios necesarios para a asistencia, ofrecendo a nosa colaboración para garantir a seguridade tanto de pacientes coma de profesionais", explicaron. Unha vez superada a crise, os sindicatos anunciaron que pedirán responsabilidades políticas "a todos os niveis".

Acceso á denuncia

 

Fonte: O correo

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS