Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Un episodio de ansiedade sufrido por unha docente recoñecido como accidente de traballo

14-05-2015 - Psicosocial

Os feitos tiveron lugar nun instituto en Bizcaia; o mal comportamento dunha alumna motivou que a docente a expulsara da clase, en presencia da coordinadora da ESO do centro; nese momento a profesora sufriu un episodio de angustia que lle impediu continuar coa súa actividade laboral. Ese mesmo día acudiu á mutua que diagnosticou ansiedade e lle recetou medicamentos específicos, pero non considerou que a orixe da patoloxía fose laboral.

Posteriormente a traballadora acude ao Servizo Público de Saúde, onde se tramita a súa baixa por enfermidade común. Durante a baixa, solicita perante o INSS unha determinación da continxencia que resulta finalmente favorable á docente.

Así pois, o INSS recoñece como accidente de traballo o episodio de ansiedade sufrido pola docente durante o desenvolvemento do seu  traballo.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS