Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Un de cada catro docentes sofre transtornos de voz

04-11-2013 - SAÚDE LABORAL

Un de cada catro docentes sofre transtornos de voz, segundo mostrou o libro “Patoloxía da Voz” editado pola Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial (SEORL-PCF), e que foi apresentado no seu 64 congreso nacional en Madrid.

E é que, tal e como explicou o xefe do servizo de ORL do Hospital Ramón e Cajal de Madrid, Ignacio Cobeta, os docentes son o colectivo que, con diferenza, máis patoloxías de voz sofren, especialmente aqueles que tratan con nenos pequenos.

Ademais, os transtornos da voz aumentan a medida que diminúe a idade dos nenos que ensinan. Nunha universidade, o aula adoita ter un ruído ambiental de entre 35 e 40 decibelios (db), polo que se require falar entre 55 e 60 db. Pola contra, nunha clase infantil o ruído alcanza os 60-65 db e os profesores deben facerse oír a 70-75 db. Se o aula é grande ou reverbera a voz, necesítase máis diferenza.

Do mesmo xeito, segundo datos da SEORL, calcúlase que un terzo dos docentes sofre alteracións da voz polo menos unha vez durante o curso académico, o que ocasiona unha gran parte das baixas laborais. Neste senso, os nódulos nas cordas vocais son máis frecuentes en mulleres que en homes, xa que a larinxe feminina é máis pequena e as cordas deben vibrar o dobre, advirte este especialista.

De feito, un estudo entre docentes navarros publicado este mes na revista 'Arquivos de Prevención de Riscos Laborais' revela que a disfonía nos docentes é unha razón frecuente para visitar un especialista. Entre estes profesionais, as mulleres mostran un maior risco de sufrir de nódulos das cordas vocais.

"A pesar diso, a maioría de docentes non busca axuda e só recorre ao tratamento e non á prevención", comentou o experto, para destacar a importancia de que os profesores non falen en clase máis de 4 horas ao día, se hidraten, eviten o tabaco e o alcol e fagan chamadas de atención non vocais como, por exemplo, con aplausos ou asubíos.

"Deben empregar gravacións e fomentar a participación no aula para non falar todo o tempo, aproveitar os recreos para descansar a voz, valerse de micrófonos e altofalantes e educar a voz. "Pódese recorrer a clases de logopedia para aproveitar mellor o potencial da propia voz e non forzala", apostilou.

Por outra banda, o libro 'Patoloxía da Voz' tamén recolle o avance que subpón a cirurxía ambulatoria da voz en parálises vocais, que sofren a miúdo quenes forzan a voz e quenes se someten a intervencións cirúrxicas relacionadas co aparello fonador.

"A cirurxía da voz está sendo cada vez máis utilizada en anciáns, apunta, xa que coa idade vaise perdendo a calidade da voz e grazas á cirurxía conséguese rexuvenecer e iso reduce o illamento social”.

 

Fonte: europapress

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS